Saltar ao contido

Moisés Rodríguez Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMoisés Rodríguez Pérez

(2013) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de marzo de 1971 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Tui, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Tui
2011 – 2015
← Antonio Fernández RochaEnrique Cabaleiro González → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Tui Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Moisés Rodríguez Pérez, nado en Tui o 5 de marzo do 1971, é un político galego do PPdeG. Foi alcalde de Tui dende o 2011 ata o 2015.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi elixido concelleiro en Tui do PPdeG en 1995. Foi un dos concelleiros populares que en febreiro de 1998 apoiou o tamén edil conservador Antonio Fernández Rocha nunha moción de censura contra o alcalde do seu partido Miguel Ángel Capón Rey. Volveu ser concelleiro en 1999 baixo a lista independentes de CPT encabezada por Rocha e coa que mantiveron o goberno logrado na moción de censura. En 2003 regresaron ao PPdeG e volveu a ser concelleiro, ao igual que en 2007, mantendo en ambas as ocasións o goberno.

Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Tui en substitución de Rocha e foi elixido alcalde por maioría absoluta[1]. Non se presentou á reelección nas eleccións municipais de 2015, e deixou a política municipal tras 20 anos nela.[2].

En febreiro de 2017 tomou posesión como deputado no Parlamento de Galicia[3], tras concorrer nas listas do PPdeG ás Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016. Presentouse nas listas do PPdeG ás eleccións autonómicas de 2020 e, aínda que tampouco saíu elixido á primeira, entrou en setembro de 2021 na cámara galega logo da renuncia de varios conselleiros aos seus escanos[4].


Predecesor:
Antonio Fernández Rocha
 
Alcalde de Tui
 
2011 - 2015
Sucesor:
Enrique Cabaleiro González

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]